Entradas

Mostrando entradas de noviembre 12, 2017

Sinatura invitada: Marta Diz

Imagen
Os viveiros de empresas Para comezar, teño que dicir que me costou un pouco elixir o tema para facer esta entrada. Non tiña moi claro do que quería falar... pero entón,  pareime a pensar no momento no que se me acabou o meu último contrato laboral e decidín montar a miña propia empresa. Que me gustaría ter sabido antes de emprender? A quen puiden ter acudido antes de arrancar...Véndoo coa perspectiva e experiencia que dan os anos, se voltara a arrancar un proxecto, seguramente sería dende un Viveiro de Empresas.  Pixabay Primeiramente explicarei en que consisten os viveiros e logo centrareime no funcionamento dun viveiro de recente creación como é o da Deputación de Pontevedra , no polígono de Barro-Meis. Podemos definir os viveiros de empresas coma un espazo físico creado para os primeiros pasos da posta en marcha dunha empresa, cunhas características que singulares: 1.- Aforro nos costes de infraestrutura: Dependendo do viveiro, pode ser unha cesión a coste