RESUMO - REFLEXIÓN DO MÓDULO 1 Para iniciar esta actividade na que o obxectivo é interrelacionar, a modo de resumo, os contidos traballados na aula coa nosa tarefa como orientadoras e orientadores, paréceme interesante realizar unha pequena reflexión sobre as funcións asociadas ao perfil profesional de orientación laboral para exercela de xeito óptimo. Deste xeito, podemos falar das seguintes tarefas: 1. Habilidades sociais e persoais para a comunicación. Neste aspecto creo que a escoita activa e as habilidades para manter a empatía coa persoa usuaria son fundamentais. 2. Coñecemento e manexo da lexislación, normativa e recursos específicos sobre o emprego. 3. Dominio de metodoloxía didáctica para...