Sinatura invitada: Marta Diz

Os viveiros de empresas


Para comezar, teño que dicir que me costou un pouco elixir o tema para facer esta entrada. Non tiña moi claro do que quería falar... pero entón,  pareime a pensar no momento no que se me acabou o meu último contrato laboral e decidín montar a miña propia empresa. Que me gustaría ter sabido antes de emprender? A quen puiden ter acudido antes de arrancar...Véndoo coa perspectiva e experiencia que dan os anos, se voltara a arrancar un proxecto, seguramente sería dende un Viveiro de Empresas. 

Pixabay

Primeiramente explicarei en que consisten os viveiros e logo centrareime no funcionamento dun viveiro de recente creación como é o da Deputación de Pontevedra, no polígono de Barro-Meis.

Podemos definir os viveiros de empresas coma un espazo físico creado para os primeiros pasos da posta en marcha dunha empresa, cunhas características que singulares:

1.-Aforro nos costes de infraestrutura:
  • Dependendo do viveiro, pode ser unha cesión a coste cero ou cun prezo moi por debaixo do de mercado.
  • Cesión dun espazo propio para a empresa.
  • Espazos comúns para uso de todalas persoas emprendedoras do viveiro, tales como sala de xuntas, aula de formación ou despacho de reunións.
2.- O tempo limitado de cesión do espazo: Van dende un ano a tres de duración, contando coas prorrogas posibles.

3.- Os servizos complementarios de axuda ao desenvolvemento do proxectos: Na maioría dos casos cóntase cun servizo de asesoramento ao emprendedor que dependendo do viveiro pode ser laboral, contable e/ou fiscal.

4.- Networking coas empresas que comparten espazo: Ao ser un espazo compartido con outras empresas poden xurdir proxectos comúns a varias empresas do mesmo viveiro.

Polo tanto non so falamos de aforro económico, senón que os viveiros teñen unha serie de obxectivos enfocados áo éxito das empresas:
  • Favorecendo o nacemento de empresas e consolidación das de recente creación.
  • Creando sinerxias entre as empresas do viveiro.
  • Contribuíndo á xeración de emprego.
  • Dinamizando a economía local na que se ubica o viveiro.
Quen pode ser beneficiario/a dos viveiros de empresas.

Os Viveiros xeralmente están enfocados a tres tipos de emprendedores, dependendo do momento no que se atopen:
  • Empresas xa creadas cunha antiguedade máxima, por norma xeral de 12 meses.
  • Empresas de nova creación, e dicir, que se crean unha vez que son aceptadas no viveiro.
  • Proxecto de empresa. Neste caso, permítese ás persoas emprendedoras usar o espazo antes de que arranque a empresa, analizando a viabilidade do proxecto e a súa posible posta en marcha.


O Viveiro de Empresas de Barro-Meis

O Viveiro do polígono de Barro Meis, pertencente á Deputación de Pontevedra,  conta con 16 naves dunha superficie variable entre 54,75 m² e 111,10 m², 24 oficinas dunha superficie variable entre 18 m² e 25 m² e 4 salas de xuntas de 37 m² cada unha (3 delas destinadas a espazos coworking) de uso común.


Os servizos que ofrece son:

- Locais privados equipados con mobiliario e dotación de infraestruturas de electricidade, climatización, auga e comunicacións.

- Áreas e servizos comúns: Recepción e control de accesos, administración/secretaría, limpeza e mantemento, seguridade, aparcadoiro, aseos e salas de xuntas.

- Servizos de asesoramento e formación, a través dos departamentos da Deputación de Pontevedra de:
  • Creación e xestión de empresas.
  • Internacionalización.
  • Xestión da Calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais.
  • Proxectos e subvencións relacionados coa Unión Europea.
  • Asesoría xurídica, fiscal e laboral.
Os requisitos para poder solicitar o espazo son:
  • Empresas xa creadas: Persoas, físicas ou xurídicas, que tiveran iniciado a súa actividade cunha antiguedade máxima de vinte e catro meses na data da solicitude.
  • Empresas de nova creación: Persoas, físicas ou xurídicas, que comecen a súa actividade económica nas instalacións do Viveiros.
  • Emprendedores/as que necesiten un espazo axeitado para analizar e preparar o seu proxecto de empresa e que nun prazo máximo de tres meses desde a súa instalación no Viveiro constitúan a súa empresa.
  • Usuarios dos espazos de coworking que poderán ser persoas, físicas ou xurídicas, establecéndose para eles un prazo de cesión de espazo dun mes podendo ser renovable mensualmente.
Programa de coworking en Pontevedra: un lugar para emprender

Actualmente no Viveiro acaba de arrincar un programa dirixido a  emprendedoras e emprendedores que teñan un proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking). 

A través desta iniciativa preténdese fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen destes espazos de coworking, durante un período de cinco meses. 

As actividades ás que teñen acceso van dende obradoiros, sesións de formación, sesións de mentorización ata  eventos encamiñados a potenciar o networking.

Reflexión final:

Na miña opinión, os viveiros de empresas son unha boa oportunidade para poñer en marcha o teu proxecto ou idea de negocio por cinco  razóns principais:

A primeira, o aforro económico inicial, que fai que poidas sair ao mercado a un prezo máis competitivo e minimizando riscos. 

A segunda, o ambiente emprendedor do espazo, pois estás rodeado/a doutras persoas coas mesmas inquietudes e motivacións o que fai que todo sexa máis levadeiro.

A terceira, o equipo e asesoramento técnico ao que tes acceso sen moverte do sitio, o que che da unha seguridade e confianza que non tes noutro espazo. 

A cuarta, o acceso a formación e charlas enfocadas a lograr o éxito da túa empresa.

A quinta, e non por eso menos importante, as sinerxias que se crean coas demais persoas emprendedoras do espazo, coas que moitas veces xurden colaboracións ou novos proxectos.

Para rematar, déixovos un pequeno listado que elaboraei con algúns dos vivieros que podemos atopar espallados por toda Galicia:


PD.- Moitas grazas ás compañeiras Rocío, Charo, Mónica e Sonia por deixarme participar no voso Blogue.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE SONIA OTERO FRESCO