PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS



Ola a todos/as! 

O meu nome é Mónica Reinaldo Lusquiños e son pedagoga, formadora e Orientadora Laboral. Conto con formación específica na área de Igualdade de Oportunidades e  na de xestión persoal. Comencei a miña andadura profesional como técnica de proxectos de inserción laboral destinados a mulleres no ano 2003 e dende  entón veño desenvolvendo diferentes ocupacións relacionadas coa orientación laboral, a formación e a igualdade....un traballo que considero moi gratificante!

A través desta experiencia de traballo  directo con diferentes colectivos, a aprendizaxe foi constante e cheguei a una clara conclusión: a ACTITUDE  con que as persoas enfrontan os seus retos persoais é clave á hora de marcar a diferencia entre o éxito ou o fracaso. Por esta razón, actualmente adícome a traballar  (como autónoma) estas competencias relacionadas coa xestión persoal efectiva en persoas que se atopan en Busca Activa de Emprego... todo un RETO!


Esta é a miña nube de palabras na que se reflexan os meus intereses profesionais, aínda que creo que as letras quedaron  un pouco pequeñas :-)

Navegando entre os meus intereses profesionais



Sígueme en twitter  : -)

https://twitter.com/MonicaLusq


Comentarios

Entradas populares de este blog

Sinatura invitada: Marta Diz

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE SONIA OTERO FRESCO