PRESENTACIÓN PERSOAL E PROFESIONAL DE ROCÍO CASTRO

Esta é a miña árbore vital, a que me define como persoa e profesional.
É verdadeiramente complexo facer unha presentación ante o mundo dunha mesma. Hoxe vouno a intentar para que me poidades coñecer mellor. 

Chamome Rocío e dende ben cativa sempre quixen traballar con e para as persoas. Por iso, decidín nun momento da miña vida estudar primeiramente o ciclo superior de Integración Social para encamiñarme cara a Educación Social. 

A miña traxectoria profesional é complexa, variada e curta. Teño 28 anos e traballei como auxiliar de perruquería e animadora sociocultural. A miña experiencia como Educadora ven dada de realizar prácticas prelaborais como orientadora laboral e como educadora familiar e de menores en protección. 

Actualmente, o meu itinerario profesional e formativo está encamiñado ao traballo na orientación laboral, de ahí que estea a realizar o Postgrado de Orientación Laboral. 

Defínome como unha persoa aberta e empática. Son constante, responsable e traballadora. Aposto pola integración, a inclusión e a igualdade das persoas na sociedade. 

A Educación Social non só é a miña formación, para min é un modo de ser, un modo de sentir a vida e de vivila. 

Segueme en twiter :-) https://twitter.com/rocicapo


Deixovos un vídeo no que se pode ver un dos traballos que realicei como educadora:












Comentarios

Entradas populares de este blog

Sinatura invitada: Marta Diz

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE SONIA OTERO FRESCO