Outubro 19, 2017

REFLEXIÓN PERSOAL ACERCA DO MEU PLE


Aínda lembro durante a miña época de estudante o primeiro contacto con internet na facultade e aquela sensación mezcla entre fascinación e incredulidade.... alí estaba absolutamente TODO!! O mundo nas miñas mans a golpe de clic,  na miña vida vira algo tan dinámico e estimulante.
Xa pasaron algúns anos e esa sensación non desapareceu senón que se acrecentou e o aprecio por esta ferramenta é cada vez maior: internet permite ser a/o arquitecta/o da propia aprendizaxe.

Podemos definir o ecosistema PLE como "un conxunto de dispositivos, aplicación, servizos e redes persoais que empregamos para aprender de forma autónoma".  Isto permite adquirir maior implicación con respecto aos propios procesos de aprendizaxe, xa que si coñecemos exactamente para que queremos formarnos en determinada área ou que necesidades imos cubrir con esta formación/información imos aportar o noso propio enfoque e ....lembremos que diferenza suma!



Creo que hay un antes e un despois con respecto á miña faceta tecnolóxica xa que o feito de participar neste posgrao  supuxo un punto de inflexión con respecto ao manexo dalgúns conceptos e ferramentas. Un deles foi o de "PROSUMIDOR/A", chegando inmediatamente á conclusión de que consumo moito máis do que produzo. Si como dí Jorge Drexler "Cada uno da lo que recibe y luego recibe lo que da. Nada es más simple, no hay otra norma. Nada se pierde, todo se transforma"...hai algo que necesita un cambio. Deste xeito, dende o enfoque do ciclo de vida da información, na miña relación con internet a última fase e é estéril:

1. LEO----->2. REFLEXIONO------>3. ORGANIZO------>4. PUBLICO

2. FILTRAXE------>2. AGREGACIÓN------>3. CURACIÓN

Facendo un pouco de autocrítica, vexo necesaria unha nova mentalidade, abandonando a "zona de confort" e adoptando unha postura máis activa. Isto provoca que se abra un novo horizonte no meu proceso de aprendizaxe a través do PLE: a necesidade de aportar valor á información manexada a través da curación de contidos. Supoño que unha vez que se adquire destreza en manexar as ferramentas indicadas, se convirte nun proceso espontáneo...o tempo o dirá.
 
Intentando reflexionar sobre o meu propio PLE, lembro que fai catro anos que descubrín os MOOC (Multitudinary Open Online Courses), o que supuxo un xeito excepcional de inicialo; agora son consciente de que todo empezou aí e de que crea unha especie de adicción. Poder acceder a formación de primeira calidade, con profesorado do máximo nivel pertencente ás universidades máis vangardistas pareceume un xeito óptimo de democratizar a aprendizaxe: xa daba igual o teu nivel económico, a túa área xeográfica ou a túa disponibilidade de tempo...ías nutrirte das/os mellores. 

Así mesmo, creo que detrás do manexo das ferramentas para a xestión do propio PLE existen valores moi recomendables como os que subxacen detrás da filosofía do traballo colaborativo e a creación de sinerxias (si 1+1=3  estamos potenciando os recursos existentes!).


Outros dos conceptos que chamou a miña atención foi o de "INFOXICACIÓN" e decateime de que coñezo perfectamente a sensación de bloqueo á hora de tomar unha decisión por exceso de información, a temida "parálise por análise", creo que non hai gasto enerxético máis inútil.
Deste xeito, aprender a aplicar estratexias na  procura de información evitando ser como un barquiño á deriva nun mar de datos é de grande importancia. Por iso, si queremos non ser vítimas da temida infoxicación, facer uso de lectores RSS vainos permitir centralizar a información acorde cos nosos intereses nun só espazo.

Por outra banda,  os marcadores sociais son outra ferramenta de grande utilidade, xa que facilitan a almacenaxe, organización e etiquetado da información, ademais de permitir compartir enlaces relevantes na rede. Si desexamos ir un paso máis aló e interactuar en comunidades con  intereses afíns aos nosos podemos facer uso das redes sociais ou profesionais (Pinterest, Facebook, LinkedIn, Twitter ou Google+, etc...) e si o que buscamos son espazos de comunicación e construción de contidos, acceder aos blogues é o recomendable.
 Outras ferramentas de traballo colaborativo en liña e de aloxamento na nube como Google Drive, Google Docs, Slideshare ou YouTube entre outras, facilitan o intercambio e manexo de documentos. 
Xunto a isto, as ferramentas de creación gráfica permiten presentar a información cun maior impacto visual favorecendo a aprendizaxe e estimulando a creatividade. Este tipo de recursos son para min uns grandes descoñecidos á hora de elaborar contidos, aínda que como usuaria da rede os consumo habitualmente.
Por último, só me queda mencionar as grandes aliadas neste cambio de enfoque: as ferramentas de CURACIÓN DE CONTIDOS, para min totalmente descoñecidas, teño que admitilo. A importancia radica en que permiten transformar a información en coñecemento a través da obtención, filtraxe, e curación de información manexada na rede, nada máis nin nada menos! 
 
 
Aquí vos deixo o meu PLE inicial, totalmente artesanal:
 

 




PERFIL EN FEEDLY

PERFIL EN SCOOP.IT


Comentarios

Entradas populares de este blog

Sinatura invitada: Marta Diz

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE SONIA OTERO FRESCO