REFLEXIÓN SOBRE O PLE de Rocío Castro

OS ENTORNOS PERSOAIS DE APRENDIZAXE COMO RECURSO PARA ORIENTACIÓN LABORAL.


Os entornos persoais de aprendizaxe, dende a perspectiva educativa, poden ser sistemas que axuden tanto a estudantes como docentes a facer unha xestión do seu propio aprendizaxe. Con isto o que quero transmitir é que un PLE permítenos formalizar contidos e procesos e comunicarnos cos/as demais no proceso de aprender, polo que será máis doado e enriquecedor a consecución dos obxectivos prefixados á hora de iniciar un proceso de aprendizaxe ou de búsqueda activa de emprego.

A día de hoxe, onde temos que xestionar múltiple información, en diferentes espazos e onde o coñecemento avanza a unha velocidade de lóstrego, é preciso darlle relevancia a este tipo de ferramentas que axudan a ordear contidos, a facer unha BAE pola internet,  e polo tanto a facer un uso eficiente da tecnoloxía aplicada ao proceso de aprendizaxe, de orientación e de búsqueda de emprego a través da rede. 

Dende logo, como educadora/orientadora, creo na colectividade, no aprendizaxe permanente e colectivo. Dúas cabezas, sempre pensan máis que unha. Por iso creo na importancia de empregar ferramentas que nos axuden  a promover e facilitar o aprendizaxe en común, e sobre todo a facernos ver que non só somos consumidores/as de contidos e información senón que temos na nas nosas mans a posibilidade de poder crear e compartir, e debemos apostar por elo, porque será unha das fontes que nos permitirán abrirnos as portas de cara a sociedade e polo tanto que nos diferencia para lograr a inserción laboral. 
Un PLE, incorpora tanto elementos de integración non formais como formais, polo que resulta unha experiencia única, que nos permite xestionar un espazo virtual  persoal para aprender de forma colectiva. Polo que, podemos ver nos PLE,  son unha forma de empregar a tecnoloxía para un fin orientador, e consideralo como un sistema que axuda a que tomemos o control do noso propio proceso de orientación e aprendizaxe, nunha sociedade 2.0.

Como ferramenta, para á orientación e a aprendizaxe, cabe dicir que ten a vantaxe de non ter que dispor de grandes coñecementos para poder crealo, iso si, se o temos e non o coñecemos ou non o nutrimos de ferramentas levará a que desperdiciemos o potencial educativo/orientador que nos pode proporcionar.


Utilizar un PLE, é crear propostas metodolóxicas adaptadas, crear unha nova forma de orientación e aprendizaxe que de resposta aos desafíos que nos marca a sociedade do coñecemento, saber autoxestionar o noso proceso de orientación e aprendizaxe formal e informal, e sobre todo saber aprender e compartir en comunidade e en conexión con outras persoas. Porque aí recae a importancia do aprendizaxe,da orientación e da BAE, na colectividade, na creación de coñecemento común. 

Algunhas das ferramentas de utilidade para o PLE

Ferramentas conmo Feedly, Scoop.it, Storify servenos de axuda para aglutinar, organizar e ter accesibles contidos da rede que son do noso interese, polo que deberíamos telas presentes para o noso PLE.
O meu Feedly inicial. Creado o día 07/10/2017
  • Con Storify podemos crear e almacenar historias, relatos e cronoloxías empregando contidos de ferramentas sociais como poden ser Twiter, Youtube, Flickr, entre outros. 
  • Con Feedly (lector de RSS), para min un gran descubrimento dentro de POLAB17, temos a posibilidade de organizar e acceder de forma rápida e sinxela dende un navegador web a noticias, blogs e diferentes páxinas que o sistema soporta. Permite ordear os contidos de maneira que facilita o aforro de tempo na revisión das fontes de información.Existen múltiples lectores RSS( Netvibles, Digg, entre outros) pero Feedly é sinxelo e ademais e versátil.  
  • Con Scoop.it podemos reunir informaicón para mostrala e compartila dunha forma atractiva en Internet. Con esta ferramenta de curación de contidos, totalmente gratuíta, podemos compartir coa nosa comunidade virtual,  todo aquelo que nos pareza de interese e incluso engadir a nosa propia información.
O meu Scoop.it incial. Na imaxe podese ver o contido dun dos meus topics creados: coeducación e igualdade.
 Valoración persoal

Persoalmente considero que tanto Feedly como Scoop.it, son ferramentas de gran utilidade para organizar a información, os recursos que consultamos na rede e que son de relevancia para nos ou para compartir coa nosa comunidade.

Para o meu Ple, consideraría Feedlly como a ferramenta principal, xa que aínda que Scoop.it me parece útil para atopar contidos, crear e compartir, dende o meu punto de vista é máis tediosa, ten restricións no número de tópicos, se non dominas o inglés resulta dificultosa para manexar. 

Finalmente deixo un vídeo onde podemos ver outra ferramenta que nos permite deseñar o noso PLE, de forma sinxela e visualmente atractiva: SYMBALOO.




PARA SABER MÁIS...
Ferramentas Web para crear un PLE
Feedly: que es? para que se utiliza?
Como crear un Storify



Licencia de Creative Commons

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sinatura invitada: Marta Diz

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE SONIA OTERO FRESCO