RESUMO E REFLEXIÓN SOBRE O MARCO CONCEPTUAL de Rocío Castro

Tema 1: marco de referencia da orientación laboral aberta.




O marco de referencia da orientación laboral aberta é o Sistema Nacional de Emprego. É dicir, o conxunto de estruturas, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver as políticas de emprego. Está integrado polo Servizo Público de emprego Estatal( lexisla e establece políticas pasivas) e os Servizos Públicos de Emprego de comunidades ( executa a lexislación e leva acabo políticas activas).
Galicia ten transferidas as competencias de desenvolvemento e execución das Políticas Activas de emprego.
A Lei 56/2003, do 16 de decembro, de Emprego, establece como instrumentos de coordinación do Sistema Nacional De emprego:
  • A Estratexia Española de Activación para o Emprego.
  • O PAPE(Plan Actual de Política de Emprego)  contén servizos e programas de políticas activas de emprego para as CCAA.
  • O SISPE( Sistema de Información dos Servizos Públicoas de Emprego).
A nivel Europa cada ano elaborase un paquete de medidas de emprego. A UE ten competencia complementaria á dos Estados membros en materia de emprego co obxectivo de elabora unha Estratexia Común. A Estratexia Europea 2020 basease en tres alicerces: crecemento intelixente, crecemento sustentable e crecemento integrador. O financiamento establecese a través dos Fondos estruturais ( FEDER e FSE).

Tema 2: o mercado laboral.


No mercado laboral converxen dous feitos: a oferta (poboación activa) e a demanda de traballo(empresas ou empregadores dispostos a contratar). O equilibrio do mercado de traballo determinarse polo punto de cruzamento entre a curva da oferta e da demanda. 

Para determinar as causas atopamos dúas teorías por un lado a clásica onde o funcionamento do mercado e a rixidez dos salarios son a causa do paro, e por outro, a keynesiana onde ve na insuficiencia de demanda agregada da economía como a causa do paro. A súa vez o paro pode ter efectos tanto para as persoas paradas, ocupadas e sobre a súa economía no seu conxunto. 

Dentro da EPA( Enquisa de poboación activa) teñense en conta as persoas activas( ocupados e parados) e os inactivos. As taxas de referencia para a EPA son a taxa de actividade, taxa de paro e taxa de emprego.
O paro pode ser: estructural, friccional, cíclico ou estacional. 

 Por outra parte, dispoñemos de instrumentos como o Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego Estatal, o Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego de Galicia e o Observatorio Europeo do Emprego, que nos axudan a estudar o mercado de laboral.  Cabe resaltar a importancia no traballo como orientadores/as a prospección do mercado de traballo.

Tema 3: certificación e formación profesional.

Outro dos temas a aborda e o da certificación e formación profesional. Dicimos que unha persoa esta cualificada cando no seu desempeño laboral, obtén os resultados esperado, cos recursos e o nivel de calidade debido. Mentres que unha persoa é competente cando nos referimos á gama completa dos seus coñecementos e capacidades no ámbito persoal, profesional ou académico. As competencias clave son as que permiten ás persoas adaptarse a unha contorna laboral cambiante.

O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP), persegue identificar cales son esas competencias requiridas para o emprego. O seu instrumento é o Catalogo Nacional de Cualificación Profesionais (CNP) e o responsable de definir, elabora e manter actualizado este catalogo e polo tanto o catálogo modular de FP é o Instituto Nacional de Cualificacións(INCUAL).

En canto as cualificacións ( coñecementos e capacidades) agrúpanse en 26 familias profesionais e 5 niveis ( determinan o grado de complexidade,autonomía, responsabilidade necesaria para realizar unha actividade laboral). A súa vez cada cualificación organizase en unidades de competencia( agregado mínimo de competencias profesionais, susceptible de recoñecemento e acreditación parcial), esta leva asociado un módulo formativo ( describe a formación necesaria para adquirir esa unidade de competencia).

O Marco Europeo de Cualificacións para a aprendizaxe permanente (EQF) é un marco común de referencia. Abarca 8 niveis de referencia dende o básico (1) ata os máis avanzados (8) que se correspondería cun doutoramento. Céntrase nos resultados da aprendizaxe e non en datos básicos como a duración do estudo. Divide os resultados en 3 categorías: coñecementos, destrezas e competencias.

A acreditación de competencias fai referencia ás disposicións legais e ás metodoloxías encamiñadas ao establecemento de sistemas que permitan o recoñecemento da competencia profesional adquirida ( experiencia laboral ou vías non formais de adquisición). Existen unha serie de requisitos para poder participar no procedemento de acreditación que consta de 3 fases: asesoramento, avaliación da competencia profesional e acreditación e rexistro da competencia.

Por outra parte están os certificados de profesionalidade:

              


Tema 4: política social e de emprego na UE.

En canto a politica social e de emprego da UE, a Estratexia Europea de Emprego apunta a crear máis e mellores postos de traballo inspirandose na Estratexia de Crecemento Europa 2020. Puxo en marcha medidas ( paquete de emprego) cos obxectivos de: apoiar a creación de postos de traballo, restablecer a dinámica dos mercados laborais, consolidar a gobernanza das políticas de emprego. Este paquete basésase na Axenda de novas cualificacións e conta co apoio do Observatorio Europeo do Emprego e o Programa de Ensino Mutuo.

  • A estratexia proporciona un método aberto de coordinación que permite aos países da UE compartir información, debater as súas políticas de emprego e coordinalas.
  • As institucións e organismos comunitarios en materia de emprego son : Comisión Europea, Parlamento Europeo, Conesllo da Unión Europea, Comité Económico Social Europeo. 
Os cidadáns da UE teñen dereito a libre circulación dos traballadores. Esta liberdade suporá a abolición de toda discriminación por razón da nacionaldiade entre os traballadores dos Estados membros, con respecto do emprego, a retribución e as demais condicións de traballo. 

  • A rede EURES proporciona servizos de información, asesoramento e contratación/colocación aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación. É unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membros do EE. Suíza tamén está incluída.Enlace para saber máis: RED EURES
  • Outras redes de referencia para o traballo no estranxeiro: EPSO,EURAXESS,EUROPASS,EURYDICE.

Tema 5: a iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.


Por último debemos falar da iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral. Esta iniciativa xorde de procesos psicolóxicos que se dan nas persoas creativas e entusiastas que , por ter ou atopar unha razón para iso, son capaces de darlle forma ao concepto da idea de empresa, e convertela nunha oportunidade e levala a cabo. Poden ser ( emprendoras por natureza ou sobrevidos).
Os beneficios sociais de fomentar o emprendemento e impulsar a creación de empresas son: 

  • Creación de emprego.
  • Creación de riqueza e benestar social.
  • Aumento da competitividade

O emprendemento social, é un tipo de iniciativa emprendedora que xorde co fin de cubrir necesidades e non para obter os máximos beneficios, aínda que deban ser eficientes e rendibles.  Os axentes que protagonizan esta forma diferente de facer empresa son: as cooperativas, sociades laborais, CEE, empresas de inserción, fundacións, etc. 

A Economía Social é un sector potente, con capacidade de activar o desenvolvemento económico. Ten efectos tanto no ámbito da cohesión social como da cohesión territorial. 

En canto aos elementos esencias no proceso de creación de empresas falamos de:
  • A idea: proceso mental a partir do cal se converte un concepto incial nunha oportunidade. Que emprender?.
  • A persoa emprendedora: aquela que foi capaz de concibir a idea. Quen? Por que emprender?.
  • O plan de empresa: documento no que se plasman todas as reflexións realizadas para darlle forma á idea e convertela nun proxecto empresarial. Como emprender?.
Os pricipais tipos de innovación que se adoitan considerar en relación a creación de empresa son: innovación técnica, innovación comercial e innovación organizativa. Actualmente contemplase a innovación aberta( abrir o proceso a colaboración e participación doutros axentes externos a empresa).

O CANVAS é unha ferramenta cualitativa que permite, a partir da idea para por en marcha a empresa, elaborar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito. 

O asesoramento a emprendedores no proceso de creación pasa por catro fases:
  • Xestación: a tarefa do/a orientador/a sería coñecer o proxecto, indagas as súas necesidades, explicar o alcance do traballo, axudar a valdiar a idea e habilidades emprendedoras.
  • Análise: o/a orientador/a ten a tarefa de titorizar a elaboración do plan de empresa, axudar na análise económica e financieira para determinar a viabilidade do proxecto , asesorar na materialización do proxecto: posta en marcha da empresa.
  • Posta en marcha: o/a orientador/a manterá o contacto para posible testemuña a potenciais e futuras persoas emprendedoras. AQUI FINALIZA A SÚA TAREFA. 
  • Consolidación.

VALORACIÓN PERSOAL

Como profesionais da Orientación laboral, debemos ter claro que estamos inmersos nunha época caracterizada pola diversidade de transformacións e modificacións, que inciden ou incidiron no ámbito da orientación, os cambios experimentados nos últimos tempos a nivel social, cultural, económico, educativo, ect xeraron novas demandas e esixencias de orientación e de prospección no mercado laboral. Isto implica unha maior demanda e necesidade de orientación por parte das persoas, polo que ante a pluralidade de campos que se abren e preciso redefinir o papel da orientación, deixando de lado, unha visión restrinxida, centrada únicamente na transición do mundo educativo e laboral. Por este feito é preciso ter un marco conceptual claro, que nos axudará a realizar un traballo eficaz e eficiente, nun marco de orientación laboral aberta e de aprendizaxe ao longo da vida. 

PARA SABER MÁIS ...





Licencia de Creative Commons

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sinatura invitada: Marta Diz

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE SONIA OTERO FRESCO