RESUMO DA SESIÓN DO MÓDULO 3 "A CARTEIRA COMÚN DE SERVIZOS DO SEPE (RD 7/2015) E OS ITINERARIOS PERSONALIZADOS DE INSERCIÓN

"MODULO 3 “A CARTEIRA COMÚN DE SERVIZOS DO SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO (RD 7/2015) E OS ITINERARIOS PERSONALIZADOS DE INSERCIÓN LABORAL"


A sesión presencial escollida para elaborar o resumo foi a realizada o 4 de novembro na cal se aborda "A carteira común de servizos do Sistema Nacional de Emprego (RD 7/2015) e os Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral".
 A razón que xustifica esta elección é, fundamentalmente, que o Itinerario Personalizado de Inserción (IPI) como ferramenta para a inserción, constitúe  a plasmación dun traballo realizado coa persoa demandante de emprego na cal se deben ter en consideración moitas das materias tratadas ao longo deste posgrado: recursos, técnicas e ferramentas para a busca activa de emprego (rede EURES, Web 2.0, Contorna  Persoal de Aprendizaxe ou PLE); os perfís profesionais; as competencias para o emprego; as habilidades sociais e comunicativas; as pautas dunha entrevista de traballo; a prospección de emprego; o autoemprego; o coñecemento dos recursos do entorno; o tecido empresarial, etc.

CARTEIRA COMÚN DE SERVIZOS DO SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO
 

A sesión deu comenzo tratando as cuestiones que se reflicten no REAL DECRETO 7/2015 , xa que nel se  aproba a Carteira común de servizos del Sistema Nacional de Emprego en coherencia coa  Estratexia Europa 2020,  que establece que a prestación destes debe responder ás necesidades da cidadanía e  as empresas con maior eficacia e eficiencia, flexibilidade e precisión.

 


Polo tanto, os servizos da Carteira do Sistena Nacional de Emprego deben contribuir a "axudar aos traballadores a atopar un emprego axeitado ás súas características, e aos empregadores a contratar traballadores apropiados ás súas necesidades; facilitar a mobilidade profesional e xeográfica coa finalidade de corrixir desaxustes entre a oferta e a demanda de emprego; recoller e analizar a situación e evolución do mercado de traballo; vincularse co sistema de protección do desemprego con suxeición ao compromiso de actividade e coordinarse co resto de políticas de emprego"

 

Con este obxectivo esta Carteira estará integrada polos seguintes servizos:
  • Servizo de orientación profesional
  • Servizo de colocación e de asesoramento a empresas
  • Servizo de formación e cualificación para o emprego
  • Servizo de asesoramento para o autoemprego e o emprendemento
 
O Decreto desenvolve o contido de cada un dos servizos, o seu obxectivo e as actividades que integra.
 
O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL. O IPI 
 A sesión proseguiu coa exposición sobre o servizo de orientación laboral, definido como un servizo integral que ten como obxectivo a información, a diagnose da situación individual, o asesoramento, a motivación e o acompañamento nas  transicións laborais. A finalidade deste Servizo é axudar ás  `persoas usuarias a mellorar a súa empreegabilidade, promover a súa carreira profesional e facilitar a contratación ou orientación  cara o autoemprego.
Tras unha diagnose individualizada e a elaboración do perfil profesional do/a usuario/a, poderá deseñarse un itinerario personalizado para o emprego.
Coa publicación deste Decreto, o IPI configúrase como un dereito da persoa usuaria e unha obriga para os servizos públicos de emprego. Tendo en conta isto, xurden varias dúbidas: ¿Supón isto que cada usuario/a debe ter un IPI? ¿Poderá un/unha usuario/a ter varios IPI? ¿Pódese cobrar por tener un IPI?. Todas as respostas a estas preguntas foronse debullándose ao longo da sesión.
En canto aos principios que deben guiar cualquera intervención en orientación laboral e aqueles aos que tamén debe responder un itinerario personalizado, comentar que son fundamentalmente tres:
 
                   -   Individualización: en contidos,  temporalización, linguaxe e técnicas.
 
      -  Flexibilización: permitindo os axustes necesarios provocados por novas    situacións e permitindo a intervención individual e grupal cando se considere necesaria.

      -  Potenciación do desenvolvemento e a busca da autonomía: en canto a recursos, habilidades e competencias.
        
    Así pois, o IPI perfílase como o instrumento máis completo e mellor adaptado para desenvolver un  labor de orientación a través de:
      - Unha diagnóse personalizada.
       
      - Unha intervención orientadora na que coexisten actividades individuais e grupais.
       
      - Unha supervisión ou avaliación continua.

      
      Equema dun IPI. Fonte www.gitanos.org
       
       En canto ás fases do IPI, podemos facer referencia ás seguites:

      1. ACOLLIDA

      2. DIAGNOSE

      3. ACTIVACIÓN

      4. BUSCA

      5. INSERCIÓN

      
      Fases do IPI. Fonte http://3.bp.blogspot.com/-

      Segundo o exposto, a persoa orientadora,  debe facer unha supervisión e avaliación continua coa finalidade de  intervir e/ou modificar o plan de actividades en caso de que fose preciso.
      En canto á duración do IPI, polo xeral, é revisado aos seis meses, procedéndose ou ben ao establecemento  dun novo obxectivo ou ben ao seu peche (por baixa ou por finalización do mesmo).
        Chegados a este punto da sesión e despois de  tocar os aspectos máis técnicos da xestión dun IPI, deu comenzo a segunda parte, que iniciamos cun traballo práctico. Esta tarefa xirou en torno a un caso práctico en base o cal tivemos que realizar una diagnose e establecer as accións para configurar un itinerario personalizado de inserción.
       
      Era hora de aplicar todos os coñecementos teóricos absorbidos...así que mans á obra! A aula convertiuse nun bulideiro de ideas e comentarios:
       
       
       
      
      Sesión do 4/11/2107 durante os traballos grupais

      Tras o fragor do traballo en equipo, voltamos á  calma e, de novo, o silecio aporerouse da aula para non perder detalle da escenificación que realizaron dous/dúas dos/as nosos/as compañeiros/as. A través deste "Role Playing", escenificado maxistralmente, simulouse unha entrevista de orientación na cal unha orientadora e un usuario do servizo establecían as pautas e obxectivos para levar a cabo un itinerario personalizado de inserción.
      Con esta actividade de grande interés didáctico, na que quedou patente a profesionalidade e o "saber facer" da nosa compañeira e compañeiro do #POLAB17, pechamos a sesión do 4/11/2017.


      Como conclusión podemos reflictir os seguintes aspectos:

      A importancia do IPI como ferramenta na que se ordena e relacionan os intereses e necesidades da persoa usuaria, contribuíndo a establecer obxectivos a curto/medio prazo, motivando e facilitando o seu autocoñemento.

      Estes aspectos son de grande importancia cando nos atopamos en desemprego invadidos/as pola falta de autoestima e a escasa tolerancia á frustación. Deste xeito, voltar a recuperar as gañas de continuar o proceso de busca activa de emprego, establecendo obxectivos claros, adaptados á realidade e, sobre todo motivadores, supón un balón de osíxeno para a persoa que desexa insertarse laboralmente. Este enfoque pon de manifesto a importancia do IPI como unha metodoloxía centrada na persoa, totalmente individualizada e que ten como finalidade potenciar as competencias laborais da persoa usuaria axudando a responsabilizarse do seu propio desenvolvemento e regulando os seus propios esforzos.
      En definitiva o labor do persoal orientador á hora de realizar un IPI é axudar a marcar un  camiño, acompañando e guiando os pasos e actuacións contemplados no IPI e motivando para que chegue a persoa usuaria chege ata o final do traxecto: a consecución dun emprego.

                                         Itinerarios personalizados de inserción
       


       

 

 

 








 

Comentarios

  1. O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

EL TRABAJO DEL ORIENTADOR. MARCO INSTRUMENTAL. Rosario Álvarez Cao

HERRAMIENTAS PARA EL TRABAJO DE CAMPO DEL ORIENTADOR LABORAL

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS