Resumo Módulo Instrumental. Rocío

MODELOS DE ORIENTACIÓN LABORAL
A intervención no eido da Orientación Laboral pasa por unha serie de modelos:

Fuente: elaboración propia
Os modelos deben de funcionar con flexibilidade e de maneira complementaria adaptandose ás necesidades do momento, as persoas coas que participan no proceso e aos obxectivos comúns do proceso orientador.

MARCO METODOLÓXICO DA INTERVENCIÓN EN ESPAÑA

A Orientación Laboral carece en España dun marco académico determinado. Os/as profesionais que desenvolven este labora chegan a ela dende distintos contextos formativos e unha gran parte do seu desempeño profesonal desenvolveno de forma autónoma, seguindo as propias habilidades e coñecementos.

Existen peculiaridades que fan preciso que se leve a cabo unha elaboración de pautas e metodoloxías de traballo:

- A heteroxeneidade do colectivo de desempregados.
-A peculiaridade do contexto sociocultural que acompaña a tarefa de buscar traballo.

Co Plan Nacional de Acción para o Emprego, considerase a atención individualizada como a más idónea para levar a cabo a Orientación Profesional. 

MODELO METODOLÓXICO E PRINCIPIOS NOS QUE DEBE BASARSE A ORIENTACIÓN LABORAL.

O Modelo metodolóxico consta de catro elementos básicos: 

  • A entrevista como técnica básica de atención/intervención individual.
  • Un sistema "facilitador de inserción".
  • Unha estratexia xeral de intervención coas persoas que buscan emprego ( centrada nos recursos do/a usuario/a).
  • Basado en Itinerarios. A persoa é a protagonista. 



ACCIÓNS A REALIZAR
-Atención individualizada: facilitar o densenvolvemento dos recursos e competencias da persoa que lle permitan identificar opcións, elixis entre estas, tomar decisións para planificar actuacións e avaliar os seus resultados de forma autónoma.
-Accións grupais: talleres de Recursos Persoais e talleres de Búsqueda de Emprego.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: IGUALDADE E INCLUSIÓN SOCIAL

Os colectivos vulnerables teñen un camiño máis complexo de acceso ao mercado laboral, xa que se atopan nunha situación de desvantaxe social. 
Podemos falar de dous grandes grupos de factores que afectan a persoas en situación de vulnerabilidade ante o emprego:
- Os relacionados cos obstáculos existentes na sociedade ( estereotipos, prexuízos, ect).
-Os que fan referencia ás dificultades propias das persoas que se atopan nesta situación( falta de formación, experiencia, habilidades sociais, hábitos laborais, baixa autoestima, ect).

Para poder favorecer a este colectivo de persoas é preciso realizar unha boa diagnose inicial, é dicir, coñecer a situación de partida co fin de orientar a intervención en función das necesidades reais. 

Por exemplo, para mellorar a empregabilidade das persoas con diversidade funcional é necesario analizar as problemas engadidas, as necesidades de traballo no entorno e a necesidade de establecer un Servizo de Orientación Laboral específico para este colectivo de persoas.

OS ITINERARIOS DE INSERCIÓN

Un itinerario de inserción é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivo a insercion sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos/as usuarios/as que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral. 

Está composto por tres fases:
-Un diagnóstico personalizado.
-Unha intervención orientadora, na que coexisten actividades individuais e grupais.
-Unha supervisión ou avaliación continua. 




ESQUEMA BASE PARA A ELABORACIÓN DUN ITINERARIO DE INSERCIÓN LABORAL


PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDAS NA TOMA DE DECISIÓNS.

Na Orientación Laboral,  a entrevista é un instrumento que se emprega para obter información da persoa, asesorala e como medio para a selección de persoal. 

TIPOS DE ENTREVISTA:
  • Dirixida: o/a entrevistador/a fai preguntas concretas e moi específicas ao entrevistado/a, dándolle pouca marxe para as respostas.
  • Semidirixida: preguntas concretas e preguntas abertas. 
  • Grupal: faise unha simulación grupal na que se ha de debate un tema para chegar a unhas conclusións. 

A entrevista en Orientación ten por obxecto establecer o ou os obxectivos profesionais da persoa orientada. Para elo precisamos coñecer o seu curriculum, a súa ocupabilidade, a empregabilidad e a sua dispoñibilidade. 
Podemos estructurala da seguinte forma:
A entrevista de selección por competencias achéganos valor engadido que favorece a atracción e retención do potencial. Integra o saber, facer e querer. 

A ORIENTACIÓN LABORAL NA UE.

Na actualidade, debido ao fluxo de traballadores/as entre países membros, os distintos Estados dispoñen de sistemas de orientación diferentes. Sendo a tendencia xeralizada a seguinte:
  • A orientación concíbese como un proceso continuo.
  • A orientación debe integrarse no ámbito educativo/escolar.
  • Os/as profesionais da orientaicón va asumindo o rol de axente de cambio e dinamizadores/as do proceso de innovación.
  • O/A orientado/a debe ter unha participación activa. 
  • Establecer canles de información entre os distintos estados. 
  • Utilización das TIC no traballo de orientación. 

ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO

O/a orientador/a laboral precisa coñecer os postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais de cada unha das ocupacións; para así poder facilitar ao usuario a información das ocupacións que considerou como posible obxectivo.

A través desta información o usuario faise unha idea sobre cales son as esixencias das empresas en relación a un posto de traballo, en qué nivel se axusta ao mesmo e en qué medida se adecúa ás súas necesidades.

Resulta imprescindible que a persoa busque por sí mesma os recursos existentes e así promover un papel activo e participativo na súa inserción. Algún dos recursos que deben aparecer na lista poden ser:
  •  Ofertas laborais.
  • Certificados de profesionalidade
  • Fichas profesionais
  • Buscar contactos
  • Visitar colexios profesionais
  • Práctica en empresas     
Esta información reflectirase nun informe onde constará:
  • Descrición da ocupación.
  • Funcións e tarefas.
  • Espazos onde se realiza.
  • Formación e certificados.
  • Tecnoloxías ou ferramentas utilizadas.
  •   Outras ocupacións relacionadas.
  •   Condicións laborais.
PROSPECCIÓN EMPRESARIAL 

Acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresar, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresario sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das dúas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese par ao desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social.


TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E AUTOEMPREGO

Algunhas dase ferramentas para o acceso ao emprego: 

RECURSOS PARA O AUTOEMPREGO



PLAN DE EMPRESA

O plan de empresa debe conter información clara, concisa, veraz e comprobable. Debe provocar unha grata impresión nas persoas que o van a ler por iso é necesario coidar o formato, o estilo, a linguax, a distribución do contido, etc.

Apartado e contido  do que se compón: 




VALORACIÓN PERSOAL DO MODULO

Ao longo deste módulo puidemos por en práctica os contidos teóricos abordados en cada sesión polo que resulta máis enriquecedor para o aprendizaxe.

No que se refire ao contido, aínda que moitos deles os manexaba creo que aportaron claridade e que foron concisos. 

É verdade que resulta un módulo extenso para tan pouco tempo polo que non se lle pode sacar todo o proveito que se quixera. Aínda así, creo que o pouco tempo que se tivo para abordalo foi aproveitado con éxito. 

Para min a novidade foi traballar no Plan de Empresa, unha experiencia que aínda que trouxo algún que outro quebradeiro de cabeza, foi enriquecedora para a miña formación. 

En xeral pareceme un módulo moi completo e imprescindible para abordar aspectos básicos da Orientación Laboral e coñecer en profundidade o funcionamento da mesma. 

Por último só me queda agradecer a disposición tanto de Fernando Agulló como de Mª Teresa Deus, para esclarecer todas as dúbidas que xurdiron durante o módulo. E agradecer tamén a Carlos Carpaga pola parte que lle toca ( las TICS) e Xavier pola súa xestión na Secretaría técnica e nos ánimos matutinos. 

PARA SABER MÁIS....




.
Creative Commons License

 Este trabajo está protegido bajo la licencia Creative Commons 4.0 International License.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sinatura invitada: Marta Diz

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE MÓNICA REINALDO LUSQUIÑOS

PRESENTACIÓN PROFESIONAL DE SONIA OTERO FRESCO